Apuntes, exercicios, traballos, documentación, publicacións, noticias.., sobre as máquinas e as ferramentas convencionais e especiais empregadas no taller de mecanizado (tornos, fresadoras, mandrinadoras, rectificadoras, máquinas de electroerosión, afiadoras, máquinas de corte,...); programas de debuxo e deseño (Autocad, Solidworks, Mastercam,..); soldadura (eléctrica, oxiacetilénica, TIG, MIG, MAG,...); Neumática, Hidráulica, etc.., todo o relacionado co MECANIZADO E MANTEMENTO DE MÁQUINAS.
lunes, 13 de diciembre de 2010
domingo, 12 de diciembre de 2010
ARRANQUE DE LABRA.
Introducción.
Fundamentalmente existen dous grupos principais de procedementos que a industria emprega para a obtención de pezas:
- Conformado sen arranque de labra;
- Conformado con arranque de labra.
Segundo a norma DIN 8550, os métodos de producción pódense clasificar en:
- Moldear.
- Separar.
- Transformar.
- Unir.
- Cubrir.
- Modificación de propiedades.
O moldeado, transformado (forxa, laminación, trefilado, etc.), a unión (soldaduras), son considerados como procesos de fabricación sen arranque de labra.
Vamos ver os procesos de fabricación por arranque de labra, que teñen como principio básico a separación do material.
O conformado mediante o arranque de labra consiste en separar partículas de material (labras) por medios mecánicos, utilizando unhas ferramentas cunha xeometría determinada en función de cál é o método empregado (torneado, fresado, tradeado, etc.), empregando para iso máquinas especialmente deseñadas para tal efecto.
Mecanizado con arranque de labra.
Consiste en reducir progresivamente as dimensións e en dar forma a unha peza con arranque continuo de pequenas cantidades de material (labra).
O instrumento co cal se efectúa o desprendemento do material chámase ferramenta. Unha mesma ferramenta pode producir efectos diversos segundo a clase do material que se traballa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)